Taller práctico de Intelixencia Artificial para o pequeno comercio

Dende 25 de maio, 2026 - Ata 25 de maio, 2026

Descubre como a intelixencia artificial pode axudarche a crear contido visual para o teu negocio de forma rápida, sinxela e sen coñecementos técnicos con esta actividade organizada polo Polo de A Fonsagrada

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

🗓️ Luns, 25 de maio I 20:00 - 22:30 h 

📍 Centro sociocultural de Meira. Federico González López, s/n, Meira, Lugo 

 

O Polo de A Fonsagrada organiza un obradoiro práctico pensado para pequenos negocios, comercios locais e persoas emprendedoras que queren adaptarse á dixitalización de forma sinxela e accesible.

Nesta sesión descubrirás como a intelixencia artificial pode axudarche a crear de maneira rápida e sen coñecementos técnicos contido visual e creativo como imaxes, carteis, vídeos ou materiais para redes sociais e punto de venda, mellorando así a comunicación e a presenza do teu negocio nun mercado cada vez máis visual e competitivo.

 

Apúntate agora e aprende a usar a IA para facer medrar o teu negocio.

 

Programa 

20:00h - Presentación e introdución.

20:05h- Creación e edición de imaxe coa IA

20:20h - Xeración de vídeo coa IA

21:00h - IA para deseño gráfico e carteis

21:40h -I A aplicada á comunicación e negocio

22:20h - Conclusións

22:30h – Café-networking e peche da actividade

 

 

 

 

 

 


Presencial

Voltar