Taller práctico de creación de páxinas web con intelixencia artificial

Dende 19 de outubro, 2026 - Ata 19 de outubro, 2026

Taller práctico impartido por Gabriel Oliveira, de DPI Estrategia, orientado a completar o proceso de creación dunha páxina web con intelixencia artificial. As persoas participantes aprenderán a configurar un dominio propio, publicar a súa landing page e resolver as principais cuestións técnicas para poñela en funcionamento.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Luns, 19 de outubro I 16:00 h - 18:00 h

💻 En liña (enviarase ligazón 24 h antes do inicio da sesión)

 

Xa empezaches a crear a túa web. Agora é o momento de poñela en marcha. Na primeira sesión aprendiches as bases para crear unha páxina web con ferramentas de intelixencia artificial. Nesta segunda xornada, damos o seguinte paso: crear, configurar e publicar a túa propia web.

 

A sesión, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño e impartida por Gabriel Oliveira, de DPI Estrategia, será eminentemente práctica e estará centrada en resolver o que realmente necesitas para que o teu proxecto teña presenza en internet.

 

Aprenderás, paso a paso:
🔹 Como crear e publicar a túa landing page con IA.
🔹 Como dispoñer dun dominio propio.
🔹 Como conectar a túa páxina co dominio e facela accesible.
🔹 Como resolver problemas de configuración e publicación.
🔹 Como aplicar todo o aprendido ao teu propio proxecto.

 

E se non puideches asistir á primeira sesión? Non pasa nada. Comezaremos con una demostración práctica completa para que poidas incorporarte e seguir a formación.

 

Aquí non ves só a escoitar. Vas probar, crear, preguntar e avanzar coa túa propia web.

 

Porque ter presenza en internet xa non ten por que ser complicado. Con IA e os coñecementos axeitados, podes empezar a construíla ti mesmo.

 

Programa: 

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

16:10 h -  Introdución á sesión e demostración práctica da creación dunha landing page con intelixencia artificial.

16:30 h - Taller práctico de creación e configuración da páxina web.

17:00 h - Dominio propio: conceptos básicos, configuración e aspectos a ter en conta.

17:20 h - Despregamento e publicación da landing page no dominio propio.

17:45 h - Resolución de dúbidas e revisión de casos das persoas participantes.

18:00 h - Peche da xornada.


Online

Información adicional

ColaboradoresDPI Estrategia

Voltar