
Prazo de solicitude ata o 31 de agosto
Obxectivo:
- Seleccionar 4 persoas bolseiras, menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, que estean en situación de desemprego e que teñan formación e cualificación en áreas de xestión de empresa para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas na xerencia e nun proxecto de apoio e mellora na entidade, durante 6 meses e 25 horas semanais
- A finalidade do Programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial e os procesos de mellora nas súas organizacións, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación das persoas mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias.
Localidades das entidades beneficiarias:
- Allariz (1 entidade/bolsa)
- As Neves (1 entidade/bolsa)
- A Pobra de Caramiñal (1 entidade/bolsa)
- Vigo (1 entidade/bolsa)
A cada persoa bolseira seleccionada seralle asignada unha entidade en base á localidade á que se candidata.
Axuda económica
Cada persoa bolseira recibirá una retribución bruta mensual de 700,00 €, coa correspondente cotización á Seguridade Social.
Destinatarios:
- Persoas menores de 30 anos, con preferencia de mulleres, que estean en situación de desemprego, permiso de traballo por conta allea en España, e en posesión do título de grao, diplomatura ou licenciatura en titulacións relacionadas coa xestión empresarial (Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Empresariais, Relacións Laborais, …), tamén de Ciclos Superiores de formación profesional en especialidades relacionadas coa xestión empresarial.
- Perfís en sintonía coa economía social, ou con sensibilidade, predisposición e inquietude por modelos empresariais con esa orientación.
- Para a selección das personas bolseiras valorarase a traxectoria de estudos, coñecementos técnicos (análise económica e financeira, xestión fiscal, laboral ou contable, estratexia empresarial…), a formación e coñecementos en economía social, as experiencias laborais, experiencias de carácter asociativo ou comunitario, de voluntariado, etc. Tamén serán valoradas as actitudes e aptitudes para desenvolver labouras xerenciais - capacidades e habilidades neste sentido-, como aspectos de iniciativa, resolución de conflitos, motivación, traballo en equipo e habilidades sociais, tamén os coñecementos de ferramentas e instrumentos de xestión, así como as que se poidan determinar coas entidades para cada proxecto concreto. A selección final das persoas beneficiarias será validada por unha Comisión de EspazoCoop, atendendo aos criterios establecidos na convocatoria para entidades deste Programa.
Programa Formativo
- As Bolsas son un programa formativo (teórico e práctico), e as persoas bolseiras seguirán un Plan de Traballo establecido, de xerencia dunha empresa cooperativa, tendo como obxectivo final a elaboración dun proxecto de Plan de Mellora para a mesma.
- O proceso de traballo consiste na elaboración dunha diagnose interna da cooperativa, facendo un percorrido polas diferentes áreas da empresa: Organizativa e Lexislativa, Comercial e Mercadotecnia, Económico e Financeira, Planificación Estratéxica e Plan de Mellora.
- Titorización especializada de EspazoCoop que se encarga de realizar o seguimento e acompañamento dos traballos prácticos.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta o 986 866 149 – roberto@espazo.coop - de luns a venres de 9-14 h.