Summer Networking Online: conectando sectores arredor do turismo

Dende 29 de xullo, 2025 - Ata 29 de xullo, 2025

Consiste nun evento virtual proxectado para conectar persoas profesionalmente a través de internet, facilitando a reunión e interacción nunha época estival.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Online

 

 

📍 Martes, 29 de xullo | 11:00 - 13:00 h

💻 En liña - Teams

 

 

Os meses de verán non implican que haxa que botar o freo, e con esta sesión de Summer Networking Online poderás conectar con outros profesionais na tempada estival. É o momento idóneo para explorar oportunidades de negocio, sen as limitacións propias destes meses pola flexibilidade do entorno dixital.

 

Neste evento virtual tenderanse pontes entre o sector do turismo da comarca con sectores afíns como a hostalaría e artesanía. Esta xornada poderá ser a orixe de futuras colaboracións entre negocios, e propiciará a creación dunha comunidade colaborativa entre os axentes da comarca.

 

Participa nesta sesión organizada desde o Polo Verín para crear sinerxías con proxectos que poidan complementar ao teu, e contribúe á dinamización da comarca e ao fortalecemento do seu tecido produtivo.

 

 

Programa:

11:00 h - Benvida institucional da Xunta de Galicia

11:10 h - Quenda de presentación dos proxectos: proxecto, sector e ubicación

11:30 h - Quenda de exposición dos intereses de cada empresa participante, necesidades e obxectivos fixados para esta etapa

11.50 h - Dinámica de networking: intervención en quendas, e captación de sinerxías en base ás exposicións realizadas. Dinamiza e modera o persoal técnico do Polo

12:50 h - Recapitulación e síntese de ideas principais, e recollida de datos de contacto para partillar

13:00 h - Despedida e agradecementos


Online

Voltar