Storytelling de territorio: o viño como identidade das Terras do Navia

Dende 07 de novembro, 2025 - Ata 07 de novembro, 2025

Crea relatos auténticos que conecten co público, reforcen a identidade das Terras do Navia e potencien a túa marca. Participa e transforma a túa comunicación!

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres 7 de novembro | 17:30 a 20:30 horas

📍 Casa Sidrón. Pieiga 1, Negueira de Muñiz, Lugo 

 

As Terras do Navia son moito máis que paisaxe e tradición: son historia, cultura e viño con identidade propia. Para que estas iniciativas locais conecten co público e transmitan o valor auténtico do territorio, aprender a contar a súa historia é esencial.

 

Polo de emprendemento e apoio ao emprego de A Fonsagrada organiza o obradoiro “Storytelling de territorio: o viño como identidade das Terras do Navia”, unha sesión práctica e inspiradora para descubrir, construír e compartir relatos auténticos que poñan en valor o talento local e reforcen a marca colectiva do territorio.

 

Durante a xornada combinaranse contidos teóricos, exemplos inspiradores e dinámicas participativas. Os asistentes traballarán en grupo para identificar os elementos que fan único o seu territorio e o seu produto, transformándoos nun relato compartido. Ao rematar, elaboraranse mapas narrativos que recollan valores, símbolos e emocións que definen o viño e a identidade das Terras do Navia.

 

🗓️ Programa da xornada

  • 17:30 h: Benvida e presentación da actividade
  • 17:40 h: Presentación individual das persoas participantes
  • 17:50 h: O storytelling como ferramenta para crear identidade territorial
  • 18:50 h: Obradoiro participativo: Contar a historia do noso territorio
  • 19:30 h: Dinámica de grupo: Que valores queremos comunicar co noso viño? Creación dun mapa narrativo das Terras do Navia
  • 20:15 h: Café networking
  • 20:30 h: Peche da sesión

 

Non perdas a oportunidade de dar voz ao teu territorio, fortalecer a túa marca e conectar co público a través do relato.

 

 


Presencial

Voltar