Storytelling de Territorio: IXP Terras do Navia plataforma de marca e proposta de valor

Dende 27 de febreiro, 2026 - Ata 27 de febreiro, 2026

Descubre o que fai único o viño das Terras do Navia e aprende a comunicar o teu proxecto de forma auténtica!

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 27 de febreiro I 17:30 h - 20:30 h 

📍 Casa Sidrón. Pieiga, n1, Negueira de Muñiz, Lugo 

 

As Terras do Navia son moito máis que paisaxes de montaña e tradición vitivinícola: son un territorio cheo de historia, esforzo e autenticidade. E agora, ti podes formar parte do relato que conecta persoas, produtos e lugares.

 

Se queres aprender a contar a túa historia, crear conexión co público e potenciar a identidade única do teu territorio, esta actividade é para ti. Nesta xornada práctica de storytelling territorial, descubrirás como transformar os elementos que fan especiais as Terras do Navia e o seu viño nun relato común que emocione e inspire.

 

O que che espera:

  • Teoría e exemplos inspiradores: aprende por que o storytelling é a chave para conectar co público e fortalecer o orgullo local.
  • Práctica participativa: traballa en grupo para identificar o que fai único o teu territorio e o teu produto, e convérteo nun relato compartido.
  • Mapa narrativo colectivo: xuntos, crearemos un relato que recolla os valores, símbolos e emocións que fan especial o viño das Terras do Navia.

 

Non deixes pasar a oportunidade de formar parte dunha experiencia que combina tradición, creatividade e innovación, e que levará a identidade das Terras do Navia máis aló das nosas montañas.

 

Apúntate e sé parte da historia!

 

Programa 

 

17:30 h - Benvida e presentación da actividade e participantes. 17:40- Contexto: que é unha plataforma de marcas


18:00 h - Taller participativo: insight


18:35 h - Taller participativo: posicionamento

 

19:05 h - Dinámica de grupo: territorio competitivo


20:00 h - Dinámica de síntese: proposta de valor


20:20 h - Definición conxunta plan de avance, seguintes pasos

20:30 h - Peche da sesión


Presencial

Voltar