Dende 12 de xuño, 2026 - Ata 12 de xuño, 2026
As Terras do Navia avanzan na construción da súa identidade vitivinícola. Nesta xornada traballarase de forma participativa na validación da identidade verbal e visual da IXP, para definir unha marca coherente e representativa do territorio.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 12 de xuño I 18:00 h - 20:30 h
📍 Casa Sidrón. Pieiga 1, Negueira de Muñiz, Lugo
As Terras do Navia non son só viño: son paisaxe, esforzo e identidade. Un territorio que está a recuperar con forza a súa tradición vitivinícola e que quere contar mellor quen é e o que o fai único.
Nesta terceira xornada imos dar un paso clave: seguir construíndo e validando a identidade da IXP Terras do Navia, tanto na forma de falar da marca como na súa imaxe. Traballaremos de maneira práctica sobre como comunicar o territorio, que palabras o representan mellor e como transmitir todo ese valor de forma coherente e atractiva.
Nesta xornada proseguirase na presentación e validación participativa das bases da identidade verbal e visual da IXP Terras do Navia, onde se expoñerán o ton de voz, palabras chave, moodboard e principios visuais levados a cabo ata a data e realizaranse exercicios prácticos e exemplos de aplicación.
Será unha sesión participativa, pensada para que os propios vitivinicultores sexan protagonistas: compartindo visión, contrastando ideas e axudando a definir unha identidade común que represente de verdade o territorio.
Apúntate e forma parte da creación da marca Terras do Navia.
Un espazo para decidir xuntos como queremos contar o noso viño e o noso territorio ao mundo.
Programa
18:00 h - Introducción e repaso do traballo anterior.
18:15 h - Identidade verbal:
19:10 h - Identidade visual:
20:00 h - Exemplos de aplicación e validación conxunta
20:30 h - Peche da actividade e networking.
![]()