Dende 19 de maio, 2026 - Ata 19 de maio, 2026
Un encontro dinámico para conectar emprendedores, xerar sinerxías e transformar ideas individuais en oportunidades compartidas.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 19 de maio I 10:00 h - 13:00 h
📍 Palacete de las Mendoza (sede de Turismo Rías Baixas). Praza de Santa María, s/n, Pontevedra
Emprender non debería ser un camiño en solitario. De feito, a realidade é que moitos proxectos non superan os primeiros anos, e unha das principais razóns é precisamente esa: a falta de conexión, apoio e rede entre persoas que están a comezar.
Por iso, desde o Polo de Vilanova de Arousa creamos un espazo diferente: unha xornada pensada para romper a soidade do emprendemento e converter as ideas individuais en oportunidades compartidas.
Aquí non hai charlas interminables nin intercambio de tarxetas sen sentido. Hai ritmo, dinamismo e conexión real. Primeiro, cada participante terá a oportunidade de presentarse de forma breve e directa, amosando o esencial do seu proxecto nun “elevator pitch” claro e impactante. Despois, todos poderán coñecerse entre si nunha rolda áxil de presentacións curtas que permiten ter unha visión global da comunidade presente.
E o máis importante: chegará o momento das conexións 1 a 1, encontros breves pero intensos, pensados para detectar sinerxías, atopar puntos en común e abrir a porta a colaboracións reais.
Non é só networking. É intelixencia colectiva, apoio mutuo e comunidade emprendedora en acción. Un espazo onde as ideas non compiten, conéctanse.
Se estás empezando un proxecto e queres rodearte de xente que entende o teu camiño, este é o teu lugar.
Programa
10:00 h - Benvida e explicación dinámica
10:10 h - Explicación sobre presentación tipo "elevator pitch"
10:15 h - Elaboración do seu propio "elevator pitch" dos asistentes
10:25 h - Presentación individual de cada un dos asistentes
10:50 h - Sinerxías entre asistentes
11:50 h - Despedida e peche
12:00 h - Networking con catering
![]()