Speed Networking Empresarial

Dende 08 de outubro, 2025 - Ata 08 de outubro, 2025

Xornada para fortalecer a comunidade de persoas emprendedoras da comarca mediante unha dinámica de "speed networking" para maximizar as conexións

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 8 outubro | 11:00 - 14:00 h

📍 Polo de emprendemento de Verín. Estrada do Polígono Industrial nº99 - Pazos, Verín

 

Unha das fortalezas das persoas emprendedoras é a súa capacidade de establecer relacións con outras persoas profesionais para crear unha rede na que xerar sinerxías e atopar novas oportunidades de crecemento e colaboración. 

 

Tras o éxito do “Summer Networking Online” realizado en xullo, o Polo de Verín pretende fomentar os intereses da comunidade emprendedora da comarca con esta nova sesión. Neste caso, trátase dun “speed networking” que segue o formato “Round Robin”. Nesta dinámica cada persoa poderá falar cos demais participantes durante un tempo preestablecido de cinco minutos, o que permite maximizar as conexións.

 

A xornada contará coa colaboración do GDR-9 (Grupo de Desenvolvemento Rural-9), organismo dependente da Consellería de Medio Rural. A actividade permitirá coñecer a profesionais doutros sectores, para crear unha comunidade colaborativa e que xere oportunidades de crecemento.

 

Programa: 

11:00 h - Acto de benvida

11:10 h - Presentación da actividade por parte do persoal técnico do Polo de emprendemento e do Grupo de Desenvolvemento Rural-9

11:20 h - Dinamización. Introdución inicial e presentación inicial de asistentes e sectores participantes

11:40 h - Inicio de “Speed Networking Empresarial”

12:50 h - Conclusións e debate

13:30 h - Aperitivos

14:00 h - Despedida e agradecementos

 

Inscríbete e forma parte da rede de persoas emprendedoras da comarca.


Presencial

Voltar