Aprende a utilizar WhatsApp para o teu negocio

Dende 12 de novembro, 2025 - Ata 12 de novembro, 2025

Formación gratuíta en O Barco para aprender a usar WhatsApp Business no teu negocio: comunica, vende e fideliza clientes de forma sinxela

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 12 de novembro | 15:00 - 16:30 h

📍 Salón de actos da Casa Grande de Viloira. R/ Elena de Quiroga, 11 

 

Cada vez máis persoas emprendedoras e comercios utilizan WhatsApp para falar cos seus clientes, resolver dúbidas e mesmo vender os seus produtos. Ti tamén queres aproveitar todo o seu potencial?

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco, en colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco, organiza unha formación práctica e gratuíta na que descubrirás como empregar WhatsApp Business para:

 

  • Comunicarte de forma directa e profesional cos teus clientes
  • Mostrar produtos e xestionar pedidos
  • Fidelizar compradores e mellorar a túa atención

 

🗓️ Programa da xornada 

 

15:00 h:  Recepción de asistentes

 

15:10 h: Aprende a utilizar WhatsApp para o teu negocio

 

1. Que é WhatsApp Business? 

2. Cal é a diferenza entre WhatsApp e WhatsApp Business? 

3. Descargar e configurar WhatsApp Business en iOS 

4. Descargar e configurar WhatsApp Business en Android 

5. Como configurar as notificacións de WhatsApp Business? 

6. Que son as respostas rápidas en WhatsApp Business? 

7. Como configurar as respostas rápidas en Android?

8. Como configurar as respostas rápidas en iOS?

9. Como enviar unha mensaxe masiva en WhatsApp Business?

10. Como crear un catálogo dixital en WhatsApp Business?

11. Que son os Bots en WhatsApp Business?

12. Como configurar os ChatBots en WhatsApp Business?

13. Etiquetas en WhatsApp Business

14. Como crear Estados en WhatsApp Business?

15. Como medir as estatísticas en WhatsApp Business?

16:20 Dúbidas e preguntas

 

16:30 h:  Peche da sesión

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresCentro Comercial Aberto

Voltar