Dende 27 de abril, 2026 - Ata 27 de abril, 2026
Un encontro de traballo colaborativo entre axentes locais para reforzar a coordinación no territorio, compartir necesidades e avanzar cara a unha axenda común que impulse o emprego e o emprendemento de forma conxunta e eficiente.
Categorías: Conectando o polo co sector...

🗓️ Luns, 27 de abril I 10:00 h - 13:00 h
📍 Sede do Polo de Baños de Molgas. R/ Samuel González Movilla, 38 - 40, Baños de Molgas
O Polo de Baños de Molgas continúa impulsando a colaboración entre os axentes do ecosistema emprendedor do territorio.
Tras o encontro celebrado en febreiro con técnicos de entidades locais e GDR, seguimos avanzando cun novo espazo de traballo conxunto para fortalecer a coordinación e compartir necesidades do territorio.
Nesta ocasión, reunirémonos con representantes de asociacións e persoal non técnico das entidades locais para seguir construíndo unha visión compartida do desenvolvemento local.
Un paso máis cara a un modelo de traballo máis colaborativo, próximo e continuado, que permita mellorar a coordinación e xerar novas sinerxías no territorio.
O obxectivo: avanzar cara a unha axenda común que axude a aliñar prioridades e impulsar o emprego e o emprendemento de forma coordinada.
Programa
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida
10:05 h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma
10:30 h - Mesa de traballo, principais retos, escoita activa
12:40 h - Café e networking
13:00 h - Clausura da xornada
![]()