Dende 24 de setembro, 2026 - Ata 24 de setembro, 2026
Un encontro para conectar, compartir experiencias e crear novas oportunidades entre emprendedoras do sector do benestar.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 24 de setembro I 10:00 h - 13:00 h
📍 Oficinas do Polo de Vilanova de Arousa. Pazo de Vista Real: Camiño de Boutrín, 7, Vilanova de Arousa, Pontevedra
Se es emprendedora e desenvolves a túa actividade no sector do benestar, esta xornada do Polo de Vilanova de Arousa é unha oportunidade para coñecer outras profesionais, compartir experiencias e descubrir novas posibilidades de colaboración.
Un encontro pensado para crear rede, xerar sinerxías e impulsar o emprendemento feminino, con casos de éxito, presentacións de iniciativas, unha dinámica de networking e un espazo final para seguir conversando durante o cátering.
Porque ás veces unha boa oportunidade comeza cunha boa conexión.
Anímate a participar e forma parte desta rede de emprendedoras do sector do benestar.
Programa:
10:00 h - Benvida e presentación da Rede de polos.
10:10 h - Casos de éxito
10:35 h - Programa “Medrando Xuntas”
11:00 h - Presentación da "Asociación de Mujeres para o Fomento do Benestar, a Cultura e o Deporte"
11:45 h - Dinámica de networking entre participantes
11:50 h - Conclusións e valoración da actividade
12:00 h - Clausura e continuación do networking durante o cátering de despedida
![]()