Sácalle partido a Google My Business (perfil da empresa en Google)

Dende 19 de novembro, 2025 - Ata 19 de novembro, 2025

Queres que a túa empresa apareza cando te buscan en Google? Nesta sesión, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte, aprenderás a usar Google My Business para mellorar a túa visibilidade, xestionar opinións e conectar con máis clientes

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 19 de novembro | 16:00 - 17:30 h

💻 En liña

 

Nun momento no que a presenza en Internet é clave para o éxito de calquera proxecto, moitas persoas emprendedoras aínda descoñecen como posicionar correctamente a súa empresa na rede. A visibilidade dixital é fundamental para atraer novos clientes, xestionar a reputación e fortalecer a relación co público, mais non sempre resulta doado dar os primeiros pasos ou aproveitar todas as ferramentas dispoñibles.

 

Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte organiza unha sesión formativa-participativa pensada para axudar a sacar o máximo rendemento a Google My Business, unha plataforma gratuíta que permite mellorar a presenza en liña e conectar de maneira máis directa cos clientes. 

 

Durante a sesión, as persoas participantes aprenderán a crear e optimizar a ficha da súa empresa, a xestionar opinións, publicar novidades e interpretar as estatísticas que ofrece a ferramenta para atraer máis visitas e potenciar o negocio.

 

🗓️ Programa da xornada 

 

16:00 h: Recepción de asistentes e benvida 

 

16:05 h: Presentación da formación 

 

16:10 h: Desenvolvemento do contido da actividade

Creación e optimización da ficha da empresa, xestionar opinións, publicar novidades e analizar estatísticas para atraer máis clientes locais.

 

17:20 h: Preguntas e dúbidas 

 

17:30 h: Peche da actividade 

 

Inscríbete e aprende a facer que o teu negocio brille en Google! 


Online

Voltar