Saberes e sabores da terra: mulleres, produtos e identidade da montaña

Dende 16 de xullo, 2026 - Ata 16 de xullo, 2026

Descobre como os produtos, os saberes tradicionais e a innovación poden converterse en oportunidades para o desenvolvemento do medio rural. Unha xornada para compartir experiencias, poñer en valor a nosa identidade e explorar novas formas de emprendemento con raíces no territorio.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 16 de xullo I 10:00 h - 14:15 h

📍 Local Social de Fonteo. Baleira, Lugo 

 

Hai moito máis detrás dos produtos da nosa terra ca un sabor ou unha receita. Hai historias, coñecementos, valores e unha forma de entender o territorio que merece seguir viva e evolucionando. Por iso nace esta xornada en formato charla-obradoiro, pensada como un espazo de encontro, inspiración e aprendizaxe compartida.

 

A primeira parte da actividade, organizada polo Polo A Fonsagrada, servirá para coñecer ás entidades impulsoras desta iniciativa, así como a Rede Eusumo e a Asociación de Mulleres Rurais Costureiras Terras do Eo, exemplos de cooperación e compromiso co desenvolvemento do rural.

 

A continuación, abrirase un espazo participativo no que varias produtoras convidadas compartirán as súas experiencias persoais. A través das súas historias descubriremos como os recursos locais, os saberes herdados e a capacidade de innovar poden converterse en auténticas oportunidades de futuro e emprendemento.

 

A xornada rematará cunha actividade práctica na que se explorarán novas formas de integrar os produtos e os coñecementos tradicionais en propostas con valor engadido, capaces de abrir camiños para a comercialización e a creación de iniciativas no medio rural.

 

Máis ca un encontro, esta será unha oportunidade para interpretar a nosa cultura a través dos alimentos, entendéndoos como unha ponte entre xeracións e como unha ferramenta para transmitir identidade, valores e coñecementos.

 

Se che interesa o rural, a tradición, a innovación ou simplemente compartir experiencias con outras persoas comprometidas co territorio, reserva a túa praza e acompáñanos nesta xornada chea de historias, sabores e novas ideas. Porque o futuro tamén se constrúe a partir do que somos.

 

Programa: 

10:00 h - Recepción de asistentes e café de benvida.

10:30 h - Apertura da Xornada intervención de autoridades, presentación das entidades organizadoras do evento.

10:45 h - Presentación de Medrando Xuntas da Rede Eusumo: Liderado femenino na Economía Social de Galicia.

11:15 h-  Presentación Asociación de Mulleres Rurais Costureiras do Eo.

11:30 h - Mesa Redonda coas productoras invitadas: Saberes e sabores con voz propia

Desarrollo do diálogo coas participantes invitadas en torno ós prodcutos e posibilidades para o rural dos saberes femeninos no eido do emprendemento.

12:30 h - Preparación do espazo para a  actividade práctica.

12:45 h - Integración de productos e sabores en formatos comercializables e degustación.

13:30 h - Posta en común e conclusión

13:45 h - Marketplace de excedentes de producción e outros productos da zona

14:15 h - Despedida e peche do acto.


Presencial

Voltar