Dende 08 de xullo, 2026 - Ata 08 de xullo, 2026
Unha xornada para achegar o emprendemento ao comercio local de Silleda, coñecendo negocios da vila de primeira man e xerando conexións reais que impulsen novas oportunidades no territorio.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 8 de xullo I 11:00 h - 12:30 h
📍 Inicio na sede do Polo de Silleda (R/ Trasdeza, n 70, Silleda, Pontevedra), para continuar visitando distintos negocios do comercio local da vila
Se estás emprendendo ou tes un proxecto en marcha, esta é unha oportunidade única para coñecer desde dentro como funciona o tecido comercial da túa contorna e crear conexións reais que poden marcar a diferenza no teu negocio.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda organiza unha xornada pensada para achegar o ecosistema emprendedor aos negocios locais da vila, fortalecendo así a colaboración entre quen emprende e quen xa está a dinamizar o territorio cada día.
Unha experiencia fóra da aula
A actividade comezará na sede do Polo cunha breve presentación e continuará cun percorrido a pé por catro negocios locais —comercio, servizos e hostalería— que abrirán as súas portas para compartir a súa realidade, a súa experiencia e a súa visión do futuro.
Que vas gañar participando?
Ao longo da xornada poderás:
Se queres emprender con máis coñecemento do territorio e crear relacións que che axuden a medrar, esta actividade é para ti.
Inscríbete e únete a unha experiencia onde o emprendemento e o comercio local se atopan para avanzar xuntos.
Programa:
11:00 h - Benvida
Benvida aos asistentes e explicación
11:05 h - Desprazamento e visita ao primeiro negocio (Confitería Tábora)
Desprazamento ao primeiro negocio de carácter comercial. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
11:25 h - Desprazamento e visita ao segundo negocio (Dezamerón)
Desprazamento ao segundo negocio tamén de carácter comercial, asesorado polo Polo de Silleda e que se puxo en marcha recentemente. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
11:45 h - Desprazamento e visita ao terceiro negocio
Desprazamento ao terceiro negocio, do sector servizos. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
12:05 h - Desprazamento e visita ao cuarto negocio (Mamasunción)
Desprazamento ao cuarto negocio vinculado ca hostalería.Onde a promotora explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
12:20 h - Café - Networking activo no último negocio visitado (Mamasunción)
12:30 h - Peche da xornada
![]()