Roteiros de dinamización local: Coñecendo negocios tradicionais de Caldas de Reis

Dende 06 de xullo, 2026 - Ata 06 de xullo, 2026

Actividade de dinamización empresarial, organizada polo Polo de Silleda, que conecta a persoas emprendedoras con negocios locais consolidados de Caldas de Reis, a través de visitas guiadas e experiencias reais para coñecer de primeira man o seu funcionamento, aprendizaxes e claves de éxito.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 6 de xullo I 11:00 h - 12:30 h

📍 Inicio na Praza Martín de Herrera en Caldas de Reis, para continuar visitando distintos negocios do comercio local da vila

 

Se tes un proxecto emprendedor ou estás a pensar en comezalo, esta é unha oportunidade para coñecer de primeira man como funcionan negocios reais xa consolidados na túa contorna.

 

Dende o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, en colaboración coa Axencia de Emprego de Desenvolvemento Local de Caldas (AEDL) e Caldas Centro Comercial Aberto (CCA), organizamos este encontro para poñer en contacto directo ás persoas emprendedoras con comercios, servizos e establecementos de hostalería da zona, e así compartir experiencias, consellos e necesidades reais do tecido empresarial local.

 

Comezaremos cunha breve presentación na Praza Martín de Herrera (Caldas de Reis) e continuaremos cun percorrido a pé por catro negocios locais, onde os seus responsables explicarán como iniciaron a súa actividade e que aprendizaxes poden axudarche no teu propio proxecto.

 

Unha actividade práctica, directa e moi útil para inspirarte, resolver dúbidas e mellorar a toma de decisións á hora de emprender.

 

Inscríbete e participa nesta experiencia única de contacto directo co tecido empresarial local.

 

Programa: 

11:00 h - Benvida

Benvida aos asistentes  e explicación

 

11:05 h - Desprazamento e visita ao primeiro negocio

Desprazamento ao primeiro negocio de tipo comercial. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.

 

11:25 h - Desprazamento e visita ao segundo negocio

Desprazamento ao segundo negocio tamén de carácter comercial. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.

 

11:45 h - Desprazamento e visita ao terceiro negocio

Desprazamento ao terceiro negocio, do sector servizos. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.

 

12:05 h - Desprazamento e visita ao cuarto negocio

Desprazamento ao cuarto negocio (negocio de hostalería recentemente inaugurado que pertence ao Polo de Silleda). Onde os promotores explicarán a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.

 

12:20 h - Café - Networking activo no último negocio visitado (Xavia da Terra)

 

12:30 h - Peche da xornada 


Presencial

Voltar