Dende 01 de xullo, 2026 - Ata 01 de xullo, 2026
Descubre de preto a experiencia de varios negocios da Estrada nunha xornada pensada para inspirar, compartir ideas e crear novas oportunidades de emprendemento. Unha ocasión perfecta para aprender, conectar e facer medrar o teu proxecto.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 1 de xullo I 11:00 h - 12:30 h
📍 Inicio na Praza Constitución da Estrada, para continuar visitando distintos negocios do comercio local da vila
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, en colaboración co Club de emprendemento da Estrada, convídate a participar nun encontro diferente: unha xornada para descubrir de preto negocios locais que apostan cada día polo comercio, os servizos e a hostalaría, coñecer as súas experiencias e compartir inquietudes, ideas e oportunidades.
Ao longo dun percorrido polo corazón da vila, os propios promotores e promotoras abrirán as portas dos seus negocios para contar como comezaron, que retos atoparon e que aprendizaxes lles permitiron consolidar os seus proxectos. Unha ocasión única para escoitar consellos de primeira man, establecer contactos e detectar necesidades e oportunidades que poden converterse en novas iniciativas emprendedoras.
Porque emprender tamén é crear comunidade, aprender dos que nos rodean e descubrir que as mellores oportunidades poden estar máis preto do que pensamos.
Se tes ganas de crecer, de conectar e de inspirarte, anímate a participar. O futuro dos proxectos locais constrúese compartindo experiencias. Agardámoste!
Programa:
11:00 h - Benvida
Benvida aos asistentes e explicación
11:05 h - Desprazamento e visita ao primeiro negocio (pendente de confirmar)
Desprazamento ao primeiro negocio (comercio asociado a ACOE). Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
11:25 h - Desprazamento e visita ao segundo negocio (Javier de la Iglesia Arte Floral)
Desprazamento ao segundo negocio tamén de carácter comercial. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
11:45 h - Desprazamento e visita ao terceiro negocio (Confitería Castelani)
Desprazamento ao terceiro negocio, do sector servizos. Onde o propietario explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
12:05 h - Desprazamento e visita ao cuarto negocio
Desprazamento ao cuarto negocio (negocio de hostalería membro do clube de emprendemento e pertencente ao Polo de Silleda). Onde a promotora explicará a súa historia e experiencia, aportando boas prácticas a levar a cabo e malas experiencias a evitar.
12:20 h - Café - Networking activo no último negocio visitado (YU Tu lugar de encuentro)
12:30 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresClub de emprendemento da Estrada