Ronda Conecta: encontros áxiles en liña que fan medrar o ecosistema emprendedor

Dende 20 de xaneiro, 2026 - Ata 20 de xaneiro, 2026

A Rede de polos abre unha nova xanela de oportunidades coa segunda xornada de Ronda Conecta, unha ferramenta de speed networking dixital pensada para conectar, en cuestión de minutos, persoas emprendedoras con perfís colaboradores dispostos a sumar en proxectos reais.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Baixo o lema “Ideas que se cruzan, sinerxías que nacen”, a iniciativa aposta por un formato áxil e 100% en liña, que facilita encontros curtos por videoconferencia entre emprendedores e perfís profesionais con ganas de implicarse. O obxectivo é claro: fomentar interaccións de calidade, acurtar distancias e activar colaboracións estratéxicas.

 

A dinámica é sinxela: tras rexistrarse e elixir un horario, as persoas participantes serán emparelladas en tempo real para manter conversas de sete minutos. Ao rematar cada encontro, o sistema propón un novo emparellamento. Se hai interese mutuo, os contactos poden intercambiarse e completar a experiencia cun breve feedback.

 

Esta primeira edición terá lugar o martes 20 de xaneiro de 16:00 a 18:00 horas, e será unha oportunidade única para dar visibilidade aos proxectos en marcha, compartir coñecemento e construír pontes dentro do ecosistema emprendedor galego.

 

Ronda Conecta está pensada tanto para emprendedores/as que buscan validar ideas, atopar socios/as ou colaboradores, como para perfís técnicos ou creativos con interese en sumarse a iniciativas reais sen barreiras burocráticas.


Networking da Rede de Polos

Información adicional

ColaboradoresDPI Estrategia

Voltar