Dende 02 de marzo, 2026 - Ata 02 de marzo, 2026
Networking en Ribadavia para dar un paso adiante na construción dun futuro baseado na cooperación, a innovación social e o desenvolvemento local
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
🗓️ Luns, 2 de marzo I 16:30 h
📍 Salón de plenos do Concello de Ribadavia. Praza Maior, 4, Ribadavia, Ourense
O Polo de O Carballiño en colaboración coa Cooperativa Larega organiza un encontro pensado para inspirar, conectar e xerar colaboración. Entidades sociais, persoas emprendedoras e axentes do territorio están convidadas a participar nunha xornada presencial en Ribadavia para definir estratexias locais de economía social, aliñadas ás necesidades do territorio.
Será unha sesión dinámica de networking, un espazo aberto onde compartir experiencias, presentar iniciativas e descubrir oportunidades de cooperación que permitan fortalecer o tecido socioeconómico da comarca.
O obxectivo é claro: dar os primeiros pasos cara á construción dun Plan Local de Economía Social para Ribadavia, fomentando a creación dun grupo de traballo activo que impulse o emprego, o emprendemento e o desenvolvemento territorial.
Porque o futuro da economía social constrúese conectando persoas, proxectos e oportunidades.
![]()
ColaboradoresCooperativa Larega