Difusión da cultura emprendedora en rede de emprego Emprega-Nós

Dende 18 de novembro, 2025 - Ata 18 de novembro, 2025

Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego na rede de emprego Emprega-Nós.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo O Carballiño, a petición da Rede Emprega-Nós, presentará o traballo que se aborda desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para acompañar ás persoas emprendedoras no seu camiño emprendedor propoñendo esta opción como unha alternativa ao traballo por conta allea. 

 

A Rede de Emprego EMPREGA-NÓS xorde en maio de 2021 pola iniciativa e a inquietude do persoal técnico dos programas de inserción sociolaboral das diferentes entidades sociais que traballan en Ourense, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas participantes a través dun traballo colaborativo. O persoal técnico que compón a Rede de emprego, pertence a 19 entidades do terceiro sector, cunha longa traxectoria na inserción laboral de colectivos en risco de exclusión social


Presencial

Voltar