Dende 29 de abril, 2026 - Ata 29 de abril, 2026
Un encontro para coñecer as oportunidades que ofrece o Bono Remuda, clave para a dinamización do territorio
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

📆 Mércores, 29 de abril I 16:30 h - 18:00 h
📍Sala Multiusos do Concello de Viveiro. Praza Maior, 1, Viveiro, Lugo
O tecido comercial das vilas está nun momento clave: moitos negocios con historia precisan continuidade, e ao mesmo tempo hai persoas con ganas de emprender que buscan unha oportunidade real para comezar con paso firme. Este encontro nace precisamente para conectar eses dous mundos.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, en colaboración con CCH Viveiro, organiza unha xornada pensada para crear vínculos, compartir ideas e abrir portas. Será un espazo dinámico no que persoas emprendedoras poderán coñecer de primeira man negocios con potencial, mentres descobren recursos e apoios que facilitan dar o salto.
Durante a sesión, explicaranse as distintas liñas de axuda existentes para facilitar o traspaso de actividades económicas, así como as vantaxes de formar parte dunha rede comercial activa e colaborativa. Ademais, presentarase o traballo que se está a desenvolver desde a Rede de polos de emprendemento, ofrecendo acompañamento e asesoramento en cada etapa do proceso.
Tamén haberá un apartado dedicado aos servizos e iniciativas que se están a impulsar no centro histórico de Viveiro para fortalecer o comercio local e dinamizar a zona.
Unha oportunidade única para descubrir novas posibilidades, asegurar o futuro dos negocios de sempre e formar parte do relevo que manterá viva a economía das nosas vilas.
Programa
16:30 h - Recepción de asistentes e benvida
16:40 h - Presentación do Polo de emprendemento a cargo da técnica Belén López Cayón e da actividade do CCH Viveiro pola xerente Isabel Méndez Rivera
17:00 h - Descripción da problemática da transmisión de negocios e pormenores do Bono para a Remuda Xeracional, por Francisco Lago (técnico do Polo de Mondoñedo)
17:45 h - Resolución de dúbidas
18:00 h - Networking - Petiscos
![]()
ColaboradoresCentro Comercial Histórico de Viveiro