Dende 27 de marzo, 2026 - Ata 27 de marzo, 2026
O Polo de O Barco organiza esta actividade na que coñeceremos a experiencia de Pedro e Elba, promotores de Eco dos Teixos, que compartirán o seu camiño emprendedor e como converteron o rural nunha oportunidade de futuro
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 27 de marzo I 12:00 h - 14:00 h
📍 Albergue Ecos dos Teixos. R/ Igrexa, s/n, Casaio, Ourense
Descobre como emprender no rural pode converterse nunha historia de éxito.
O Polo de O Barco invítate a participar en “Raíces con Futuro: O valor de emprender no rural”, unha actividade única na que coñecerás de primeira man a experiencia de Pedro e Elba, promotores de Eco dos Teixos. Ellos compartirán o seu camiño emprendedor, os retos que superaron e como lograron converter o medio rural nunha oportunidade de futuro.
Ademais, disfrutarás dunha visita guiada por Casaio, acompañando a Pedro e Elba polos lugares que inspiran o seu proxecto, e dun momento de petiscos e networking para conectar con outros emprendedores e persoas interesadas en iniciar o seu propio proxecto.
Non deixes pasar a oportunidade de inspirarte cun caso real de superación e valores no emprendemento galego.
Inscríbete e sé parte desta experiencia única!
Programa
12.00 h - Recepción de participantes.
12.10 h - Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco.
12.15 h - Relatorio “Raíces con futuro: O valor de emprender no rural. Comezos, valores, dificultades, logros,…”, por Pedro e Elba, promotores de Eco dos Teixos.
12.45 h - Visita guiada por Casaio.
13.30 h - Petiscos e networking.
Déixate inspirar por esta historia de éxito que escolleu o rural como destino emprendedor e inscríbete!
![]()