Dende 13 de novembro, 2025 - Ata 13 de novembro, 2025
Un encontro práctico e dinámico para coñecer outros proxectos, compartir recursos e descubrir oportunidades de colaboración. Traballa co resto de participantes e remata cun café-networking para fortalecer a comunidade emprendedora.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 13 de novembro | 10:30 - 13:30 h
📍 Sede do Polo Friol. R/ Diputación, nº18, 1º, Friol
Se formas parte da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia, este é o teu espazo!
Un encontro práctico e dinámico pensado para coñecer outros proxectos, identificar necesidades e detectar oportunidades de colaboración. Cada persoa participante presentará o seu proxecto, compartirá retos e recursos. Tras estes exercicios, elaboraremos un mapa de sinerxías que visualice conexións, alianzas e oportunidades futuras.
A sesión remata cun café-networking, ideal para seguir conectando de forma informal e fortalecer a comunidade emprendedora de Friol e contorna.
🗓️ Programa da xornada
10:30 – Benvida e presentación do polo e da actividade
10:45 – Presentación individual das persoas participantes
11:00 – Dinámica “Quen son? Que necesito? Que busco?” – identificación de necesidades e recursos
11:40 – Elaboración colectiva de tarxetas de conexión e detección de sinerxías
12:20 – Creación do Mapa de Sinerxías entre proxectos participantes
12:50 – Posta en común e aprendizaxes clave
13:10- Café networking
13:30 – Peche do encontro
Non perdas a oportunidade de conectar, compartir e crear sinerxías que impulsen o teu proxecto!
![]()