Dende 04 de marzo, 2026 - Ata 04 de marzo, 2026
Aprende a crear e compartir contido profesional nas redes sociais para gañar visibilidade, atraer máis clientes e facer medrar o teu negocio.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 4 de marzo I 16:00 h - 18:00 h
📍 Casa da Cultura. R/ Celso Emilio Ferreiro, 4, Ribadavia, Ourense
Quedaches con ganas de máis formación en marketing dixital? Ou non puideches asistir á primeira sesión? Non pasa nada! Esta nova formación está aberta a todas as persoas emprendedoras, participasen ou non na anterior. Podes incorporarte sen problema e aproveitar ao máximo esta oportunidade.
Tras a excelente acollida da sesión anterior con Guillermo Conde, da Axencia Terra Núa, damos un paso adiante cunha nova formación centrada 100% no uso estratéxico das redes sociais. Porque hoxe non abonda con publicar: hai que comunicar con intención, medir resultados e transformar seguidores en clientes.
Se es autónoma/o e xestionas persoalmente o Instagram, TikTok ou Facebook do teu proxecto, esta sesión está pensada para ti. Aprenderás a:
Será unha sesión práctica, dinámica e directa ao gran: ferramentas reais para aplicar desde o día seguinte no teu proxecto.
Non deixes que o algoritmo decida por ti. Aprende a xogar coa estratexia ao teu favor.
Inscríbete e impulsa a visibilidade do teu negocio con coñecemento, método e confianza.
Programa
16:00 h - Benvida e marco da sesión
16:05 h - Para que usamos realmente as redes sociais
16:20 h - Formatos: que publicar e para que serve cada un. 16:50 Analísticas básicas en Instagram, TikTok e Facebook
Perfís de usuario en cada rede e onde ten sentido estar
17:45 h - Priorizar: decidir onde centrar esforzos. 17:55 Peche e despedida
![]()