Dende 23 de outubro, 2025 - Ata 23 de outubro, 2025
O programa XERME, impulsado polo Clúster do Ecommerce Galego coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pon o broche final á súa segunda edición co Demoday, na sede de Casa Grande de Xanceda, Mexia (A Coruña)
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 23 de outubro de 2025 | 9:45 - 15:00 h
📍 CASA GRANDE DE XANCEDA, s/n, 15685 Mesía, A Coruña
O programa XERME, impulsado polo Clúster do Ecommerce Galego coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pon o broche final á súa segunda edición co Demoday, que se celebrará na sede da casa Grande de Xanceda (A Coruña).
XERME é unha iniciativa destinada a impulsar o emprendemento no eCommerce en Galicia, ofrecendo formación práctica, titorías e mentorización a proxectos en distintas fases de desenvolvemento do seu comercio digital
No Demoday, os participantes presentarán os seus proxectos ante empresas, institucións e profesionais do sector. O evento incluirá tamén un espazo de networking para favorecer o intercambio de ideas e a creación de novas colaboracións.
O encontro servirá como peche dunha edición marcada polo talento e a innovación, consolidando a XERME como un referente do emprendemento dixital galego.
![]()
ColaboradoresClúster do Ecommerce Galego