Programa Xeneración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social

Dende 01 de novembro, 2025 - Ata 01 de novembro, 2025

Galicia Business School en colaboración coa Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais organizan o "Programa Xeneración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social" no marco da Rede Eusumo.

Categorías: Outra

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

Galicia Business School en colaboración coa Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais  organizan o "Programa Xeneración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social" no marco da Rede Eusumo.

 

 

 

Data: novembro de 2025 a febreiro de 2026

Duración: 146 horas

Modalidade: Semipresencial

Lugar: Santiago de Compostela

 

 

Destinado a:

empresarios, responsables e cooperativistas que actúen nas diferentes áreas da compañía (recursos humanos, xestión comercial, márketing, dirección, loxística etc.)/ etc.) e de calquera sector, facendo énfase no impacto da dixitalización na estratexia de negocio en xeral. Así como tamén ás cooperativas e entidades sociais en particular (fundacións, confrarías, agrupacións de traballo social etc.). En definitiva, calquera profesional de responsabilidade en organizacións de entre 1 e 249 traballadores, cun límite de dous traballadores por cada CIF. Tamén son destinatario os autónomos vinculados a empresas de economía social que desenvolvan tarefas de responsabilidade.

 

Contidos da Formación: 

  •  A empresa na economía dixital
    • O contexto dixital
    • A transformación dixital na empresa
    • Introdución á IA e os seus principais modelos
    • Ferramentas de IA: xeración de contido, presentacións, procura de información etc.
    • Novos modelos de negocio
    • Sostenibilidade e economía circular
    • Plan de transformación dixital I
  • Transformando a experiencia do cliente
    • O cliente na nova era dixital
    • Experiencia de cliente e de produto
    • Atraendo ao cliente: o proceso de xeración de tráfico
    • Captando ao cliente: o proceso de información, decisión ,compra e entrega
    • Fidelizando ao cliente: o proceso de postventa
    • Contorna legal: propiedade e privacidade
    • Aplicacións da IA en deseño gráfico, publicidade e márketing
    • Plan de transformación dixital II
  • Habilitando tecnoloxicamente a transformación
    • Analítica dixital e big data 
    • Cloud
    • ERP e CRM
    • Blockchain
    • Ciberseguridade
    • Automatización e robotización
    • Outras ferramentas e tendencias
    • Como interactuar eficazmente coa IA: prompt engineering
    • Plan de transformación dixital III
  • Xestionando o cambio
    • Persoas e organización
    • Transformación cultural
    • Metodoloxías de innovación/agile
    • Produtividade persoal e ferramentas colaborativas
  • Casos de uso sectoriais
    • Aplicacións da IA para a análise de datos e a automatización de procesos
    • Casos de uso da IA en: Investigación de mercados, márketing e vendas
    • RRHH e xestión do talento
    • Finanzas e control

 

Para máis información contacta a través do correo electrónico de generaciondigital@galiciabusinessschool.es ou visita a web www.galiciabusinessschool.es


Programa

Híbrida (presencial+streaming)

Voltar