Programa Talento Cooperativo | Curso de formación Talento Cooperativo
Dende 17 de outubro, 2025 - Ata 17 de outubro, 2025
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Curso de formación Talento Cooperativo" no marco da Rede Eusumo.
Categorías:
Outra
Modalidades:
Híbrida (presencial+streaming)

Data: Do 17 de outubro 2025
Horario: De 9:30 a 14:30
Modalidade: Semipresencial
Lugar: Facultade de Pedagoxía da USC, Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Dar a coñecer o cooperativismo como alternativa para o autoemprego colectivo e o desenvolvemento de proxectos profesionais no ámbito das ciencias sociais
- Desenvolver o talento cooperativo do alumnado universitario da Universidade de Santiago de Compostela.
- Coñecer proxectos cooperativos en funcionamento e propiciar un diálogo con persoas socias de cooperativas vinculadas a este ámbito académico.
Programa:
- Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
- A cooperativa dentro da economía social.
- Os principios e valores cooperativos.
- Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo.
- Boas prácticas en emprendemento cooperativo: Participación de 2 experiencias cooperativas
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de info@espazo.coop