Programa Consolida + - Interpretar estados financeiros en cooperativas

Dende 27 de maio, 2026 - Ata 27 de maio, 2026

Categorías: Outra

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o Programa Consolida + sobre "Interpretar estados financeiros en cooperativas", dentro do marco da Rede Eusumo.

 

Fecha: 27 de maio

Horario: 10:30 - 12:30 h

Modalidade: En liña

 

Metodoloxía: Proponse un método de traballo que combina a presentación inicial, coa discusión de casos, reflexións de grupo ou debates que serven para estimular e ordenar o intercambio entre participantes.

Entre encontros desenvólvense cunha metodoloxía activa e participativa, que facilita o interese, a atención e o intercambio entre as persoas asistentes. Utilízanse medios audiovisuais (presentación, vídeos, enlaces webs, etc.) e realízanse actividades dinámicas de reflexión e debate, promovendo a implantación dos aprendizaxes e experiencias vivenciadas na sesión.

 

Obxectivos: Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información e metodoloxía na temática a tratar, achegada a través de persoas experimentadas. Será un encontro temático, que permitan o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e píldoras formativas e informativas que permitan avanzar na consolidación das entidades participantes ao mesmo tempo que facer comunidade entre ás participantes.

 

Programa:

  • Benvida e presentación do encontro e do Programa Consolida +
  • Webinar especializado "Interpretación dos estados financeiros dunha cooperativa"
  • Resolución dúbidas, conclusión e debate aberto

 

O programa está dirixido: Cooperativas, persoas socias e responsables e persoal directivo. Grupos de emprendemento, outras entidades da economía social. Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento do emprendemento e a consolidación, públicos e privados, interesados en coñecer boas prácticas de consolidación e o propio programa.

Para máis información contacta a través do teléfono 607 698 239 ou no correo teresa@espazo.coop

 


Outra

Voltar