Programa Consolida +

Dende 12 de marzo, 2026 - Ata 12 de marzo, 2026

Categorías: Outra

 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza o encontro virtual "Programa Consolida + " dentro do seu programa de formación en xestión Formacoop, dentro do marco da Rede Eusumo.

 

Fecha: 12 de marzo

Modalidade: En liña (a través de Zoom)

Horario: 16:30 - 18:30 h

 

Destinatarias:

  • Cooperatvas, persoas socias e resposables e persoal directivo.
  • Grupos de emprendemento e outras entidades de economía social.
  • Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento do emprendemento e a consolidación, públicos e privados, interesados en coñecer boas prácticas de consolidación e o propio programa.

 

Obxectivos: Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información e metodoloxía na temática a tratar, achegada a través de persoas experimentadas. Será un encontro temático, que permita o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e íldoras formativas e informativas que permitan avanzar na consolidación das entidades participantes ao mesmo tempo que facer comunidade entre ás participantes.

 

Será un encontro para aprender como implantar un Plan de Mellora empresarial nas cooperativas e lograr analizar e diagnosticar situaciónse necesidades para tomar as decisións adecuadas, sortear dificultades e lograr resultados óptimos nas entidades. E presentar o progrmaa de acompañament sectorial para elaboración de Plans de Mellora para ás cooperativas de ensino.

 

Programa:

  • Presentación do Programa Consolida +
  • Webinar especializado "Como implantar un Plan de Mellora na túa cooperativa"
  • Presentación do programa de acompañamento sectorial Plans de Mellora para Cooperativas de ensino
  • Resolución de dúbidas, conclusión e debate aberto

 

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón


Outra

Voltar