Dende 10 de xuño, 2026 - Ata 10 de xuño, 2026
Aberto o prazo para participar en Alento 2026
Categorías: Outra
Se formas parte da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e queres dar un impulso á visibilidade do teu proxecto, non perdas esta oportunidade: o prazo para inscribirte no Programa Alento 2026 remata o 17 de xuño de 2026.
Alento ofrece servizos profesionais de comunicación e márketing totalmente gratuítos adaptados a autónomos e pequenas empresas galegas con ata 42 meses de actividade. O obxectivo é axudarche a comunicar mellor, conectar cos teus clientes e diferenciar o teu proxecto nun mercado competitivo.

✅ Prazo de solicitudes: ata o 17 de xuño de 2026
💻 Formulario e máis información: programaalento.gal
Aproveita esta oportunidade para mellorar a comunicación do teu proxecto e potenciar a súa presenza no mercado: comunicar mellor é vender mellor, e con Alento, o teu proxecto pode chegar máis lonxe.
![]()
ColaboradoresClúster da Comunicación de Galicia