
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Produción e Comercialización de Mel en Galicia" no marco da Rede Eusumo. Unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector.
Data: 23 de xaneiro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: Teleformación
A actividade está dirixida a:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Profesionais da produción agraria, técnicos, investigadores e público en xeral
Obxectivos:
- Explicar as vantxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
- Promover o coñecemento de novas producións agrarias e ganderias en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agrarias e/ou ganderia entre as persoas e asi súas familias
- Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores
Programa:
- Introdución ao sector apícola en Galicia. A importancia de polinización e a súa repercusión na biodiversidade.
- Fundamentos técnicos da produción apícola
- Manexo técnico na produción de mel: calendario, alimentación, sanidade e produción apícola
- Procesamento do mel e seguridade alimentaria: tipos de mel, fases de proceso, trazabilidade
- Marketing e comercialización: garantía de calidade, valorización do produto e estratexias de comercialización
- Modernización do sector agroalimentario como modelo cooperativo. Retos ambientais e sostibilidade
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop