Dende 08 de outubro, 2025 - Ata 08 de outubro, 2025
Actividade de presentación e difusión do programa piloto “Vilas Vivas”. Este programa, dirixido a comerciantes e produtores, é fruto dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego Comercio e Emigración e o Concello de Ribadavia.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 8 de outubro | 16:30 - 18:00 h
📍 Salón de plenos do Concello de Ribadavia
O proxecto Vilas Vivas pretende revitalizar espazos de comercialización atractivos, volver ligar a socialización da vida diaria co consumo de todo tipo, desde tendas ata restauración e lecer. Esta tendencia ofrece unha experiencia integral aproveitando os recursos e tradicións locais.
Nesta sesión, organizada desde o Polo O Carballiño xunto a Rural Consulting, presentarase o programa e as súas características, así como os pasos precisos para formar parte do mesmo. Deste xeito, promoverase esta iniciativa que contribuirá á revalorización do casco urbano de Ribadavia e os produtores da zona.
Programa
16:30 h - Benvida, presentación e recepción de invitados
16:40 h - Presentación do proxecto Vilas Vivas e das súas características. Explicación dos pasos a seguir polos interesados na solicitude dos baixos comerciais
17:20 h - Preguntas e dúbidas
17:40 h - Petiscos
18:00 h - Peche da xornada
Se queres promocionar o comercio local de Ribadavia e participar no programa Vilas Vivas, inscríbete!
![]()
ColaboradoresRural Consulting