Potenciando os recursos do territorio: servizos esenciais para a poboación rural

Dende 20 de abril, 2026 - Ata 20 de abril, 2026

O CDR Portas Abertas convértese nun punto de encontro para impulsar o emprendemento e os servizos esenciais no rural, reunindo a persoas da terceira idade, entidades e empresas nunha xornada pensada para conectar, inspirar e xerar novas oportunidades no territorio.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 20 de abril I 10:00 h - 13:00 h 

📍 Centro de Desenvolvemento Rural (CDR Verín). Avda de Laza, 42, Verín, Ourense

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín, en colaboración co CDR Portas Abertas, organiza a actividade "Potenciando os recursos do territorio: servizos esenciais para a pobación rural". 

 

Esta xornada nace como resposta ao crecente interese polo emprendemento no ámbito rural e na terceira idade, poñendo o foco no papel activo das persoas maiores como motor de cambio e xeración de impacto positivo na comunidade. A actividade está dirixida a persoas da terceira idade, entidades do sector e empresas vinculadas, reunindo arredor de 35 participantes.

 

O encontro combinará unha primeira parte práctica e inspiradora, cun taller participativo dirixido ás persoas usuarias do centro, impartido por Lorena, creadora do proxecto Xogo de Fíos. A través dunha actividade manual, creativa e inclusiva, amosarase un exemplo real de emprendemento desde a diversidade, no que as capacidades persoais se transforman en oportunidades.

 

Na segunda parte, desenvolverase unha mesa de diálogo coa participación de profesionais da Cruz Vermella, empresas consolidadas e de recente creación, entidades e iniciativas culturais e persoas vinculadas ao ecosistema emprendedor, inclusión e apoio á terceira idade. 

 

Un espazo para conectar, xerar sinerxías e explorar novas vías de emprendemento vinculadas aos coidados, á atención á dependencia e á mellora da calidade de vida no rural.

 

Programa 

 

10:00 h - Chegada ao Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) de Verín

Presentación da xornada por parte dos representantes do centro e da técnica do Polo, Ánxela Torres, como representante asistente. 

 

10:15 h - Inicio do taller Tecer con fíos, coa emprendedora Lorena Quintas Rejo.

 

11:45 h - Apertura da Mesa de diálogo co persoal técnico do CDR Portas Abertas ,Cruz Vermella, empresas e entidades vinculadas ao sector. 

 

11:50 h - Desenvolvemento da Mesa: O Diálogo.

 

12:50 h - Peche da Mesa e conclusións. 

 

13:00 h - Despedida e agradecementos 

 

 

 

 

 


Presencial

Voltar