Dende 15 de abril, 2026 - Ata 15 de abril, 2026
O mércores 15 de abril, o Monasterio de Santo Estevo acolle unha xornada de networking impulsada polo Polo de O Carballiño e a Asociación Ribeira Sacra Next para conectar emprendedores, empresas e asociacións da zona e impulsar novas oportunidades na Ribeira Sacra.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 15 de abril I 12:00 h - 14:00 h
📍 Monasterio de Santo Estevo, Nogueira de Ramuín, Ourense
O Polo de O Carballiño e a Asociación Ribeira Sacra Next únense para dar vida a unha xornada única de networking pensada para dinamizar o territorio da Ribeira Sacra.
Se es unha persoa emprendedora, contas cunha empresa ou formas parte dunha asociación empresarial da zona non podes perder esta actividade na que nos poñeremos en contacto para establecer un grupo de traballo dinámico e participativo que impulse o desenvolvemento local, o emprego e o emprendemento do territorio. Ademais, descubriremos os recursos da zona e xurdirán posibles sinerxías entre todos os participantes.
Non perdas esta oportunidade! A Ribeira Sacra móvese e ti podes formar parte dela!
Programa
12:00 h: Recepción de asistentes e benvida
12:35 h: Presentación da xornada e obxectivos da mesma
12:40 h: Mesa de traballo, principais retos
13:30 h: Networking con petiscos
14:00 h: Clausura da xornada
![]()