Potenciando o talento emprendedor: comunicar, conectar e medrar

Dende 29 de maio, 2026 - Ata 29 de maio, 2026

Unha segunda sesión para dar un paso máis aló na túa forma de conectar e facer medrar os teus proxectos. Un encontro práctico para poñer en xogo as ferramentas do networking, ampliar a túa rede de contactos e xerar oportunidades reais dentro da comunidade emprendedora.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 29 de maio I 10:30 h - 12:30 h 

📍 Confederación de Empresarios de Galicia. (Salón Galicia). R/ do Vilar, nº 54, 2º andar, Santiago de Compostela

 

Tras unha primeira sesión centrada en descubrir as claves dunha comunicación efectiva para facer networking, chega agora o momento de poñelo en práctica.

 

Este novo encontro, tamén organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide e impartido por Beatriz García Cibreiro de COMUNICARTE, será unha oportunidade para seguir avanzando, compartir o teu proxecto, crear conexións profesionais de valor e explorar novas posibilidades de colaboración dentro da comunidade emprendedora.

 

Un espazo dinámico para adestrar a túa capacidade de comunicar, ampliar a túa rede de contactos e transformar conversacións en oportunidades reais.

 

Se participaches na primeira sesión, este é o seguinte paso. Se non puideches asistir, aínda estás a tempo de sumarte. Anímate a formar parte desta experiencia e fai medrar a túa rede e o teu proxecto.

 

Programa: 

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida.

10:35 h - Presentación do evento

Presentación do Polo de emprendemento

10:40 h - Comunicar, conectar e medrar

Dña. Beatriz García Cibreiro de COMUNICARTE 

  • Comunicar e dar forma a túa mensaxe
  • Conectar mediante unha comunicación eficaz para un networking
  • Medrar e transformar contactos en oportunidades

12:30 h - Peche da xornada 

 

 

 


Presencial

Voltar