Dende 12 de maio, 2026 - Ata 12 de maio, 2026
Un encontro pensado para conectar talento local, xerar oportunidades e impulsar novas colaboracións no corazón da Ribeira Sacra
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 12 de maio I 11:00 h - 13:00 h
📍 Concello de Xunqueira de Espadañedo. Praza dos Amigos, s/n, Xunqueira de Espadañedo, Ourense
Hai territorios que medran cando as persoas que os habitan se atopan, comparten e colaboran. Este é o espírito do encontro que imos celebrar en Xunqueira de Espadañedo: unha cita pensada para mover ideas, conectar proxectos e abrir portas onde antes só había intuicións.
Durante esta xornada áxil e participativa, organizada polo Polo de Baños de Molgas e na que colabora o Concello de Xunqueira de Espadañedo e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next , reuniremos comercio local, pequenas empresas e persoas emprendedoras que teñen algo en común: ganas de facer cousas e de facelas mellor. Non se trata só de escoitar, senón de implicarse, conversar e descubrir que ao teu carón pode haber alguén coa peza que lle falta ao teu proxecto.
Traballaremos con dinámicas prácticas que axudan a expresar quen es, que ofreces e que buscas, poñendo o foco na utilidade real das relacións profesionais. Porque vender non é só ofrecer, tamén é entender e conectar. E aí é onde xorden as colaboracións que fan medrar o tecido económico dunha zona.
Ademais, achegaremos información clara e útil sobre recursos e apoios dispoñibles para emprender, para que cada persoa poida identificar oportunidades adaptadas á súa realidade.
Este encontro é, sobre todo, unha oportunidade para tecer rede: coñecer outras experiencias, compartir aprendizaxes e saír con contactos que poidan transformarse en proxectos conxuntos. Se cres no valor do local e no poder das conexións, este é o teu sitio.
Programa
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada
11:05 h - Presentación institucional
11:10 h - Presentación da Asociación da Ribeira Sacra
11:15 h - Presentación do Polo e os seus servicios
11:20 h - Presentación das axudas ao emprendemento
12:00 h - Dinámica de traballo en común orientada as ventas
12:30 h - Café e networking
![]()