Dende 15 de setembro, 2025 - Ata 15 de setembro, 2025
Aprende a empregar as ferramentas máis innovadoras para mellorar a xestión do teu negocio e aumentar a produtividade a través desta sesión práctica.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Luns, 15 de setembro | 20:30 - 22:30 h
📍 Rúa Diego Pazos nº 20, Sarria
A contorna dixital está en constante evolución, sendo a intelixencia artificial un dos grandes piares das novas tecnoloxías. Entre os milleiros de posibilidades que ofrecen estes recursos, está a optimización dos proxectos de emprendemento en diversas áreas.
Nesta actividade do Polo Sarria, introduciranse os coñecementos clave para aplicar as ferramentas e asistentes de IA nos negocios: dende a automatización de tarefas ata a optimización da atención ao cliente. Os distintos modelos de intelixencia artificial poden facilitar a xestión do día a día, adaptando as empresas da contorna ao novo panorama dixital.
A sesión estruturarase como un obradoiro práctico para descubrir todos os xeitos en que se poden implementar as IAs no teu negocio. Experimentarase con ferramentas visuais que permitan xerar contidos para redes sociais, e explicaranse os métodos de automatización de tarefas.
Programa:
20:30 h - Presentación e introdución (Formador e Beneficiarios).
20:40 h - Como empregar ChatGPT e asistentes similares para redactar descricións de produtos, responder a clientes, deseñar campañas, xerar ideas ou mesmo crear contratos ou orzamentos. Ferramentas visuais de IA para crear contido gráfico, envases ou carteis, mesmo sen coñecementos previos de deseño. Xeración de contidos para redes sociais e páxinas web. Automatización de tarefas repetitivas como a xestión de correos electrónicos, publicacións ou respostas frecuentes.
21:30 h - Obradoiro práctico: Aplicacións específicas segundo o tipo de negocio: dende promocionar unha casa rural ou un evento, ata xestionar pedidos, deseñar produtos ou crear unha tenda en liña sinxela. Preguntas abertas, consellos finais e recursos.
22:15 h - Café networking.
22:30 h - Peche da actividade.
Descubre todas as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial ao teu negocio e inscríbete!
![]()