Dende 16 de xullo, 2026 - Ata 16 de xullo, 2026
Xinzo de Limia será a segunda parada do POLO TOUR 2026, unha xornada de encontro e apoio ao emprendemento en colaboración coa Asociación de Inmigrantes Caminando Juntos. Un espazo para achegar recursos, compartir experiencias e descubrir novas oportunidades arredor do emprego e dos proxectos empresariais.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 16 de xullo I 18:30 h - 20:30 h
📍 Casa da Cultura de Xinzo de Limia. R/ Curros Enríquez, n17, Xinzo de Limia, Ourense
O emprendemento non entende de distancias. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín sae ao territorio para estar máis preto das persoas que teñen unha idea, un proxecto, un negocio ou simplemente ganas de dar un novo paso.
Nesta segunda parada do POLO TOUR 2026, contamos coa colaboración da Asociación de Inmigrantes Caminando Juntos para crear un espazo de encontro, información e apoio arredor do emprendemento e do emprego.
Se tes unha iniciativa na cabeza, estás emprendendo, es autónomo/a, tes unha empresa ou queres coñecer os recursos que tes ao teu alcance, esta xornada é para ti.
Achégate, participa e forma parte dunha rede que medra contigo. Porque cada proxecto comeza cunha idea… e cada idea pode atopar o apoio necesario para facerse realidade.
Programa:
18:30 h - Chegada á Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
O persoal técnico do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín realizará a presentación dos obxectivos da xornada.
18:45 h - Presentación dos servizos e metodoloxía de asesoramento levada a cabo no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín.
Cuestións máis relevantes, incluido o Bono Remuda.
19:30 h - Atención e asesoramento personalizado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas asistentes.
Identificación de necesidades, consultas e oportunidades de apoio.
20:00 h - Espazo networking.
Espazo de intercambio e networking entre persoas participantes, orientado á posta en común de proxectos, experiencias e posibles colaboracións.
20:30 h - Peche da sesión, síntese das principais conclusións e agradecementos pola participación.
![]()