Dende 08 de xullo, 2026 - Ata 08 de xullo, 2026
O POLO TOUR 2026 estrutúrase como unha actividade itinerante na que o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín se despraza polas distintas zonas da súa área de influencia co obxectivo de achegar os seus servizos directamente ao territorio. Nesta primeira parada en Xinzo de Limia, colaboraremos coa Asociación de Empresas e Comercios da Limia (PROLIMIA).
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 8 de xullo I 20:30 h - 22:30 h
📍 Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia. R/ Curros Enríquez, 15, Xinzo de Limia, Ourense
Tes unha idea de negocio? Xa emprendiches? Es unha persoa autónoma ou formas parte dunha empresa e buscas apoio para seguir medrando?
Esta é a túa oportunidade para coñecer de primeira man todos os recursos e servizos que o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín pon á túa disposición.
Nesta primeira parada do POLO TOUR 2026, que contará coa colaboración de PROLIMIA, achegarémonos a Xinzo de Limia para ofrecer información, asesoramento personalizado e un espazo de encontro entre persoas emprendedoras, autónomas, empresas e axentes do territorio.
Durante a sesión poderás:
Se estás pensando en emprender, queres consolidar o teu negocio ou simplemente descubrir que recursos tes ao teu alcance, esta actividade é para ti.
Inscríbete e achégate ao POLO TOUR 2026. Estamos máis preto ca nunca para acompañarte no crecemento do teu proxecto.
Programa:
20:30 h - Chegada ao Concello de Xinzo de Limia, benvida e presentación da actividade.
O persoal técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín realizará a presentación dos obxectivos da xornada.
20:45 h - Presentación dos servizos e metodoloxía de asesoramento levada a cabo no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín. Cuestións máis relevantes, incluido o Bono Remuda.
21:30 h - Atención e asesoramento personalizado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas asistentes. Identificación de necesidades, consultas e oportunidades de apoio.
22:00 h - Espazo networking. Espazo de intercambio e networking entre persoas participantes, orientado á posta en común de proxectos, experiencias e posibles colaboracións.
22:30 h - Peche da sesión, síntese das principais conclusións e agradecementos pola participación
|
|
![]()