Dende 30 de setembro, 2026 - Ata 30 de setembro, 2026
Tes un negocio, unha idea ou estás pensando en emprender? Esta é a túa oportunidade para resolver dúbidas, coñecer recursos e conectar con outras persoas do territorio sen ter que desprazarte.
Categorías: Networking da Rede de Polos

🗓️ Mércores, 30 de setembro I 11:00 h - 13:00 h
📍 Sala Multiusos do Concello - Sala Alcalde Manuel Gómez Portela. 1 Andar. Vilar de Barrio
Se es unha persoa emprendedora ou estás pensando en emprender ou simplemente tes unha idea que queres explorar, esta sesión é para ti.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín, en colaboración co Concello de Vilar de Barrio, achégase ao territorio para poñer ao teu alcance información, asesoramento e recursos que poden axudarche a impulsar o teu proxecto.
Pero aquí non vés só a escoitar.
Poderás contarnos o teu proxecto e resolver dúbidas directamente co equipo técnico do Polo.
Identificaremos contigo necesidades, oportunidades e posibles vías de apoio para o teu negocio.
E, ademais, haberá un espazo de networking para coñecer outras persoas emprendedoras, compartir experiencias e descubrir posibles colaboracións.
Porque ás veces unha conversa pode ser o punto de partida dunha nova oportunidade.
Achégate, trae as túas preguntas e pon o teu proxecto enriba da mesa.
O Polo achégase a ti. Aproveita a oportunidade e inscríbete!
Programa:
11:00 h - Chegada ao Concello de Vilar de Barrio (Sala multiusos), benvida e presentación da actividade. O persoal técnico do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín realizará a presentación dos obxectivos da xornada.
11:15 h - Presentación dos servizos e metodoloxía de asesoramento levada a cabo no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín. Cuestións máis relevantes, incluído o Bono Remuda.
12:00 h - Atención e asesoramento personalizado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas asistentes. Identificación de necesidades, consultas e oportunidades de apoio.
12:30 h - Espazo networking. Espazo de intercambio e networking entre persoas participantes, orientado á posta en común de proxectos, experiencias e posibles colaboracións.
13:00 h - Peche da sesión, síntese das principais conclusións e agradecementos pola participación.
![]()