Dende 29 de xullo, 2026 - Ata 29 de xullo, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín desprazase polas distintas zonas da súa área de influencia co obxectivo de achegar os seus servizos directamente ao territorio nesta ocasión viaxa ao Concello de A Gudiña
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 29 de xullo I 12:00 h - 14:00 h
📍 Edificio multiusos do Concello da Gudiña. Avda Beato Sebastián de Aparicio, 85, A Gudiña, Ourense
Tes unha idea de negocio? Xa tes un proxecto en marcha? Es unha persoa autónoma ou formas parte dunha pequena empresa? Esta xornada é unha oportunidade para coñecer recursos, resolver dúbidas e atopar novas vías de apoio para impulsar o teu proxecto.
Na parada do Polo na Gudiña, en colaboración co Concello, achegaremos información sobre os servizos dispoñibles en materia de emprendemento e emprego, ofreceremos asesoramento personalizado e crearemos un espazo de encontro para compartir experiencias, conectar con outras persoas emprendedoras e xerar posibles colaboracións.
Unha sesión próxima, práctica e pensada para dar resposta ás necesidades reais do tecido empresarial local.
Ven coñecer os recursos que tes ao teu alcance e descubre como o Polo pode acompañarte no camiño do emprendemento.
Inscríbete e participa!
Programa:
12.00 h - Chegada ao Concello da Gudiña (edificio multiusos), benvida e presentación da actividade. O persoal técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín realizará a presentación dos obxectivos da xornada.
12.15 h - Presentación dos servizos e metodoloxía de asesoramento levada a cabo no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín. Cuestións máis relevantes, incluído o Bono Remuda.
13.00 h - Atención e asesoramento personalizado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas asistentes. Identificación de necesidades, consultas e oportunidades de apoio.
13.30 h - Espazo networking. Espazo de intercambio e networking entre persoas participantes, orientado á posta en común de proxectos, experiencias e posibles colaboracións.
14.00 h - Peche da sesión, síntese das principais conclusións e agradecementos pola participación.
![]()