Dende 08 de xullo, 2026 - Ata 08 de xullo, 2026
Unha sesión online tipo Mastermind organizada polo Polo de Silleda para emprendedores e emprendedoras na que compartir retos reais, recibir apoio colectivo e xerar solucións prácticas que impulsen os proxectos a través da intelixencia colaborativa.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 8 de xullo I 16:00 h - 17:30 h
💻 En liña
¿E se puideses avanzar no teu proxecto emprendedor coa axuda doutras persoas que están na túa mesma situación?
Desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda poñemos en marcha unha sesión online tipo Mastermind, un espazo colaborativo pensado para que emprendedores e emprendedoras compartades retos reais, dúbidas e oportunidades dos vosos proxectos… e saiades dela con novas ideas e solucións prácticas.
Non é unha formación tradicional: é unha experiencia de intelixencia colectiva, onde cada persoa achega e recibe, e onde as ideas se transforman en acción grazas ao apoio do grupo.
Que vas atopar nesta sesión?
Un espazo de confianza no que poderás:
Se tes un proxecto en marcha e queres facelo medrar con máis claridade, ideas e acompañamento, este é o teu espazo.
Inscríbete e participa
Únete a esta sesión e forma parte dunha rede que non só fala de emprendemento, senón que o constrúe en equipo.
Programa:
16:00 h - Benvida aos asistentes e presentación do Polo e dinámica.
16:10 h - Presentación breve dos participantes e os seus proxectos de emprendemento
16:30 h - Exposición de problemas ou dificultades que atopa cada proxecto, así coma dos recursos que pode ofrecer aos demais
16: 50 h - Discusión e conceptualización de posibles solucións das problemáticas entre os asistentes
17:30 h - Peche da xornada
![]()