Plans Locais de Economia Social de Galicia

Dende 26 de marzo, 2026 - Ata 26 de marzo, 2026

Presentación no espazo Expomunicipal de Silleda dos Plans Locais, unha iniciativa da Conselleria de Emprego , Comercio e Emigración para fortalecer o tecido economico e social desde o ámbito local.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

O vindeiro 26 de marzo, ás 12:30 horas, celebrarase no Expomunicipal de Silleda a presentación dos Plans Locais de Economía Social de Galicia, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar este modelo económico desde o ámbito local.

 

Este encontro será un espazo para dar a coñecer o papel clave dos concellos no desenvolvemento da economía social, así como as ferramentas e medidas postas en marcha para fomentar un tecido empresarial máis sostible, inclusivo e centrado nas persoas.

 

Durante a xornada abordaranse cuestións como "Por que os plans locais de economía social?" 

  • O impulso do emprendemento colectivo 

  • Xeración de emprego de calidade no ámbito local

  • Fortalecer o tecido económico e social do territorio 

  • Promover modelos económicos máis sostibles, participativos e inclusivos

 

Así como os próximos pasos a dar co aumento dos Concellos adheridos á Rede Eusumo, o financiamento específico a través da Rede, o seguimento e avaliación dos Plans Piloto ou a creación da rede de concellos comprometidos coa economía social. 

 

Ademais, presentaranse as experiencias dos concellos piloto de Baiona e Ribadavia, que están a liderar a posta en marcha destes plans no territorio, converténdose en exemplos de como a economía social pode dinamizar a actividade económica e xerar oportunidades reais de emprego.

 

Trátase dunha cita de interese para persoas emprendedoras, entidades de economía social, administracións públicas e todas aquelas persoas que queiran coñecer novas formas de xerar emprego e riqueza con impacto positivo no territorio.

 

Desde a Rede de polos de emprendemento convidamos a participar neste evento, que será tamén unha oportunidade para intercambiar ideas, crear sinerxías e descubrir proxectos transformadores.


Presencial

Voltar