Dende 20 de novembro, 2025 - Ata 20 de novembro, 2025
Aprende a comunicar a túa idea, negociar con éxito e pechar vendas neste obradoiro práctico organizado polo Polo de Silleda
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 20 de novembro | 11:00 - 12:45 h
📍 Oficinas do Polo de Silleda. Rúa Trasdeza nº 70, baixo, Silleda
No Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda sabemos que unha boa idea non abonda: hai que saber comunicala, negociar e pechar vendas con éxito.
Se queres mellorar as túas habilidades comerciais, esta formación é para ti. Aprenderás a identificar necesidades, transformar dúbidas en acordos e pechar negocios con seguridade, nun obradoiro práctico e participativo.
🗓️ Programa da xornada
11:00 h: Recepción de asistentes e benvida
11:10 h: Presentación da actividade e poñente
11:15 - 12:30 h: Formación e dinámicas a cargo de Miguel Ángel Souto, experto en vendas
12:30 - 12:45 h: Networking entre asistentes
Inscríbete e segue crecendo no teu proxecto!
![]()