Dende 01 de xuño, 2026 - Ata 01 de xuño, 2026
Sesión práctica para aprender a comercializar con éxito unha vivenda de uso turístico, mellorando a súa presenza en plataformas dixitais e aplicando estratexias sinxelas para aumentar a súa visibilidade, reservas e rendibilidade.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Luns, 1 de xuño I 11:00 - 12:30 h
🖥️ En liña
Unha vez cumpridos os requisitos legais e administrativos tratados na sesión 1 e 2: https://polosemprendemento.gal/calendar/paso-a-paso-para-dar-de-alta-a-tua-vivenda-de-uso-turistico-sesion-2-normativa-complementaria-de-ambito-estatal-e-municipal chega o seguinte paso clave: facer que a túa vivenda de uso turístico destaque e reciba máis reservas.
Nesta sesión práctica aprenderás como mellorar a túa presenza en plataformas dixitais, optimizar anuncios, fotografías e descricións, e aplicar estratexias sinxelas pero eficaces para aumentar a visibilidade e a rendibilidade do teu aloxamento.
Unha formación pensada para axudarche a pasar da teoría á acción e sacar o máximo potencial ao teu proxecto turístico.
Apúntate e impulsa a visibilidade da túa vivenda no mercado online.
Programa
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida
Presentación da formación e do poñente de Aviturga
11:10 h - Formación “Paso a paso para dar de alta a túa vivenda de uso turístico. Sesión 3: Como comercializar con éxito unha vivenda en dixital”
12:20 h - Q&A Preguntas e respostas
![]()