Paso a paso para dar de alta a túa vivenda de uso turístico. Sesión 2: Normativa complementaria de ámbito estatal e municipal

Dende 26 de maio, 2026 - Ata 26 de maio, 2026

Segunda sesión formativa sobre a alta de vivendas de uso turístico, centrada na normativa estatal e municipal, na que se explicará paso a paso como cumprir correctamente cos requisitos legais e xestionar a actividade de forma responsable.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 26 de maio I 11:00 h - 12:30 h 

🖥️ En liña 

 

Estás pensando en dar de alta unha vivenda de uso turístico e non sabes por onde empezar?

Queres coñecer paso a paso como realizar o trámite correctamente e cumprir coa normativa vixente?

Pois esta formación é para ti! 

 

Segunda sesión desta actividade https://polosemprendemento.gal/calendar/paso-a-paso-para-dar-de-alta-a-tua-vivenda-de-uso-turistico-sesion-1-normativa-autonomica-como-dala-de-alta-na-xunta na que abordará a normativa complementaria de ámbito estatal e municipal

 

Programa

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida

Presentación  da formación e do poñente de Aviturga 

 

11:10 h - Formación  “Paso a paso para dar de alta a túa vivenda de uso turístico. Sesión 2. Normativa complementaria de ámbito estatal e municipal”. 

  • Marco normativo complementario: obrigas estatais e municipais 
  •  Seguridade cidadá e rexistro de viaxeiros. Plataformas e procedementos
  • Boas prácticas e recomendacións: xestión responsable da actividade 

 

12:20 h - Q&A Preguntas e respostas 

12:30 h - Peche de xornada


Online

Voltar