Paso a paso para dar de alta a túa vivenda de uso turístico. Sesión 1: Normativa autonómica: como dala de alta na Xunta

Dende 25 de maio, 2026 - Ata 25 de maio, 2026

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Luns, 25 de maio I 11:00 - 12:30 h 

🖥️ En liña 

 

Estás pensando en dar de alta unha vivenda de uso turístico e non sabes por onde empezar?

 

Queres coñecer paso a paso como realizar o trámite correctamente e cumprir coa normativa vixente?

Pois esta formación é para ti! 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda organiza esta xornada formativa para que podas ter toda a información clara, práctica e accesible sobre o proceso de alta na Xunta de Galicia. 

 

Aprenderás de forma sinxela con análise de casos prácticos e exemplos, resolvendo dúbidas frecuentes e explicando de forma sinxela os requisitos necesarios para poñer en marcha o negocio con seguridade e dentro da legalidade.

 

A formación combinará explicacións prácticas sobre a normativa autonómica vixente coa guía paso a paso para realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta, ademais da análise de casos reais e exemplos que che axudarán a comprender mellor o proceso.

 

Unha oportunidade para dar o primeiro paso con confianza, evitar erros e profesionalizar a túa actividade turística desde o inicio.

 

Inscríbete e aprende como dar de alta a túa vivenda de uso turístico de forma sinxela e correcta.

 

Programa

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida

Presentación  da formación e do poñente de Aviturga 

 

11:10 h - Formación  “Paso a paso para dar de alta a túa vivenda de uso turístico. Normativa autónomica”. 

  • Normativa autonómica vixente: marco legal aplicable, obrigas e dereitos 
  • Requisitos para dar de alta unha vivenda turística: condicións técnicas e documentación necesaria 
  • Procedemento de alta na Xunta de Galicia: presentación da documentación
  • Erros frecuentes e recomendacións

 

12:20 h - Q&A Preguntas e respostas  

 

12:30 h - Peche da xornada 


Online

Voltar