Os números claros: canto gaña realmente o teu negocio

Dende 23 de abril, 2026 - Ata 23 de abril, 2026

Descobre canto gaña realmente o teu negocio e aprende a tomar decisións con seguridade. O xoves 23 de abril, participa en "Os números claros: canto gaña realmente o meu negocio”, unha sesión práctica en liña organizada polo Polo de emprendemento de Silleda, pensada para autónomos e pequenas empresas que queiran controlar as súas contas e mellorar a rendibilidade dos seus proxectos.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Xoves, 23 de abril I 11:00 - 12:30 h 

🖥️ En liña. Os inscritos recibirán ligazón 1 día antes 

 

Se tes un negocio ou eres autónomo/a, seguro que che soa isto: estableces prezos sen estar seguro de cubrir todos os custos, ou miras a facturación e pensas que é o beneficio real… pero non o é. Esa incerteza pode frear o crecemento e complicar a toma de decisións.

 

Por iso nace “Os números claros: canto gaña realmente o meu negocio”, unha sesión práctica e amena organizada polo Polo de emprendemento de Silleda, pensada para que deixes de adiviñar e comeces a ter control total das túas contas.

 

Nesta xornada aprenderás a:

  • Diferenciar entre facturación, custos e beneficio real
  • Descubrir que gastos pasan desapercibidos e como afectannos
  • Calcular a rendibilidade de cada produto ou servizo
  • Poñer prezos intelixentes que cubran custos e deixen beneficio
  • Ver de forma clara canto realmente che queda dispoñible

 

Todo práctico, con exemplos reais e ferramentas que poderás usar desde o primeiro día. Saírás con ideas claras e unha estratexia lista para aplicar ao teu negocio.

 

Non deixes que os números sexan un misterio! Inscríbete e aprende a controlar o que realmente importa: o éxito do teu proxecto.

 

11:00 h 

Recepción de asistentes e benvida

Presentación  da formación e da poñente (Berta Redondo, RoundFinance) 

 

11:10 h 

Formación  “Os números claros: canto gaña o meu negocio”

-        Diferencia entre facturación, ingreso e beneficios

-        Cómo establecer o prezo final dos nosos productos e servizos

-        Cómo determinar o coste e valor dun producto e servizo 

-        Gastos fixos e impostos dun negocio

 

12:20 h - Q&A Preguntas e respostas 

 

12:30 h - Peche da xornada 

 

 


Online

Información adicional

ColaboradoresRoundFinance

Voltar