Oratoria para comunicar con confianza e vender

Dende 16 de outubro, 2026 - Ata 16 de outubro, 2026

Obradoiro práctico organizado polo Polo de Coristanco para gañar seguridade ao falar, ordenar as ideas e mellorar a voz e a linguaxe corporal. Aplicaremos a oratoria á presentación do negocio e á resposta a preguntas da clientela, con ensaios para mellorar.

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 16 de outubro I 10:00h - 13:00h

📍 Sede do Polo de Coristanco. Modalidade híbrida: presencial e en liña.

 

Tes un bo produto ou servizo, pero ás veces cústache explicar por que deberían elixilo? Saber falar do teu negocio tamén é unha ferramenta para vender. 

 

Neste obradoiro práctico, organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco, aprenderás a presentar o que fas con máis seguridade, claridade e confianza, tanto diante da clientela como nunha reunión, nunha feira ou cando simplemente alguén che pregunta: “E ti, a que te dedicas?”

 

Traballarás, con exercicios e situacións reais:
🔹 Como estruturar e sintetizar a túa mensaxe
🔹 Como usar a voz, a respiración e a linguaxe corporal
🔹 Como controlar os nervios
🔹 Como responder preguntas con seguridade
🔹 Como captar a atención e comunicar o valor do que ofreces

 

E, o máis importante: non quedarás só coa teoría. Prepararás e ensaiarás unha presentación de dous minutos sobre o teu propio negocio, produto ou servizo, recibindo feedback para mellorala.

 

Porque se ti non sabes explicar o valor do que fas, será máis difícil que a túa clientela o vexa.

 

Programa:

10:00–10:15 | Acollida e benvida.

10:15–10:40 | A oratoria para comunicar con seguridade e conectar.

10:40–11:10 | Estrutura dunha mensaxe clara e convincente.

11:10–12:00 | Voz, linguaxe corporal e presenza.

12:00–12:30 | Pausa e intercambio.

12:30–12:50 | Presentar o negocio e responder con seguridade.

12:50–13:00 | Posta en común e peche.

A actividade desenvolverase en modalidade híbrida, na sede do Polo de Coristanco e en liña, e está dirixida a persoas emprendedoras, autónomas e responsables de pequenos negocios.


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar