Dende 29 de outubro, 2025 - Ata 29 de outubro, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide organiza unha actividade formativa-participativa co obxectivo de identificar a utilidade estratéxica e comercial do uso dunha ferramenta CRM para optimizar a xestión de clientes nos seus procesos emprendedores e comerciais.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 29 de outubro | 16:00 - 17:30 h
💻 Actividade en liña
Nun contexto no que a tecnoloxía é clave, moitas persoas emprendedoras aínda descoñecen as vantaxes de empregar solucións dixitais para organizar e potenciar as relacións cos seus clientes.
Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide organiza a actividade formativa e gratuíta “Optimiza a relación cos teus clientes co uso dun CRM gratuíto”, unha sesión pensada para axudar a dar o salto cara unha xestión máis profesional, eficiente e estratéxica co uso dun CRM gratuíto.
Un paso adiante na xestión do teu negocio
Durante a xornada, as persoas participantes aprenderán que é un CRM (Customer Relationship Management), como pode simplificar a organización de contactos e vendas, e de que maneira permite fidelizar clientes e mellorar a produtividade.
A sesión combinará contido práctico coa demostración en directo dunha ferramenta CRM gratuíta, amosando paso a paso como implementala nun proxecto real.
Ao remate, as persoas asistentes terán unha visión clara sobre a información que deben rexistrar, como estruturar datos de maneira efectiva e como comezar a empregar un CRM dende cero.
Programa da xornada
16:00 – Recepción e benvida
16:05 – Presentación do evento
16:10 – Identificación e estruturación da información dos clientes
– Demostración práctica cunha ferramenta CRM gratuíta
– Primeiros pasos para implementar un CRM no teu negocio
17:20 – Rogos e preguntas
17:30 – Peche da xornada
Non perdas esta oportunidade de modernizar a túa xestión e dar un paso máis cara a dixitalización do teu proxecto emprendedor.
Inscrición gratuíta!
![]()